Esta es una serie de Follas Novas dedicada por la cara A a Castelao y por la cara B a Cunqueiro. Podéis apreciarlo pasando el ratón por sobre cada una de las imágenes. Sabida mi devoción por el escritor mindoniense uno duda de cuál de las dos es la cara A y cuál la B.





O cabalo de Alberte Merlo
Unha tardiña de
verán, Alberte Merlo deulle ao seu cabalo unha merenda de herba fresca, e
despois sentouse no cepo de partir a leña a ler o xornal. O cabalo merendou, e
pasou a súa cabeza por derriba do hombreiro dereito do amo, e con voz humana
preguntoulle:
-¿Como vai o
mundo?
Este foi o
comezo das longas conversas que durante varios meses mantiveron Alberte e o seu
cabalo. Falaban, según Alberte, de política, das contribucións, de cómo foran
os precios na derradeira feira de Noia, e de vodas e de difuntos. Un día o
cabalo díxolle a Alberte que non lle non gustaba que lle chamasen Moro, e que
millor sería que lle buscase un nome máis decente, aínda que fose francés.
Alberte consultou cun mestre de Muros, mui amigo de seu, e este díxolle que lle
chamase ao seu Moro simplemente como lle chaman aos cabalos en Francia. Que lle
chamase Cheval. Ao cabalo pareceulle ben, aínda que murmuraba que quizabes ao
nome deberan seguir dous apelidos. Por consello do cabalo, Alberte foille decindo
aos veciños que o seu cruzado de percherón e mourisco, xa non se chamaba Moro
senón Cheval, e que fixesen o favor de tomar nota do cambio. A todos os
efectos, decía Cheval.
Pasando os meses, Cheval íbase amosando mui
vivo de xenio, celábase de que Alberte falase coa xente sin estar el diante, de
que lle asubiase ao can Tirol, e de que lese o xornal en voz alta á muller, que
non sabía ler.
-¡Dabondo fas
con durmir con ela! –comentaba Cheval disgustado.
Iba cumplirse
un ano dende a primeira conversa de Alberte co seu cabalo, cando un mediodía,
regresando os dous amigos do muíño, carregada a besta con dous sacos de fariña
e outro de farelo, Cheval parouse na ponte, e díxolle a Alberte con voz grave:
-Vai facer un
ano que nos falamos, e si queres que sigamos comentando o mundo, tes que
prometerme que de agora en diante soio vas falar comigo ¡Despois de todo son o
único cabalo da provincia que fala co amo! E non me fío da túa palabra, que
máis dunha vez xa che escoitei contar algunha mentira. Tes que facer un documento.
¡Si nono fas, calo pra sempre!
A Alberte non
lle non parecía nada doado o consultar este asunto cun avogado. O avogado
seguro que o tomaba por tolo si entraba no seu despacho explicándolle que
falaba co seu cabalo Cheval, e que este quería un escrito no que Alberte
declarase que soio falaría con el, e que se entendese por señas co resto dos
galegos. Foi Alberte a Muros visitar ao seu amigo o mestre. Este díxolle que
escribira calquer cousa nun papel de barba, que era seguro que Cheval non sabía
ler.
-¿Quen sabe que
non sabe ler? -insistía Alberte.
O mestre, en
papel selado de tres pesetas, escribiu unha declaración xurada na que Alberte
se comprometía a non falar coa xente si non era con permiso do seu cabalo
Cheval, denantes conocido por Moro,.. Firmou e rubricou Alberte Merlo… Cando
chegou á casa co documento e llo amosou ao cabalo, este fixo que llo lera por
dúas veces.
-¡Mui ben! ¡Agora tes que levalo ao Rexistro!
Alberte
quedouse coa boca aberta mirando pra Cheval.
-¡Ao Rexistro! ¡Conozo o procedemento! Lémbrate que denantes de ser o teu cabalo fun o cabalo
do procurador Abeledo.
Un procurador
famoso, do que se decía que tiña na memoria o Código das Argalladas… Alberte
anda agora coa declaración xurada na man, sube e baixa polos camiños, séntase
nese chanto ou arrímase a aquel carballo, pensando sempre no choio, sin saber
qué facer, si ir ao Rexistro de Noia ou non… E mentras, o cabalo non lle fala e
olla pra el de esguello.
A. Cunqueiro
Otros textos de Cunqueiro en este blog: