Blogs que sigo

domingo, 14 de julio de 2013

Allariz











Marcapaginasporuntubo busca los marcapáginas que le faltan de la serie expuesta

O fútbol é un xogo moi bonito sempre que gañen os d´eiquí. Crar´está que si non gañan, ainda pode un falar mal do referee. É moi bunito: pirmeiro corren todos pra un lado; despois corren todos pra outro; despois tocan un pito. Despois, un supoñer, xogan os de Santiago contr´os de Lugo; gañan os de Lugo, pois en Santiago xa non poden ver a ninguén de Lugo; gañan os de Santiago, pois en Lugo xa non poden ver a ninguén de Santiago. Despois a xente leva aquiles escudiños tan bunitos na solapa… O pior é ter que lér todol-os boletís que falan d´eso, e ter que saber quen é Zamora, e quen é Ramón –Ramón Gómez de la Serna, cando dín por ehí RAMÓN, coida que é por il; mais non é certo, que é pol-o do fútbol– e quen é Pinilla, e quen é Otero e todo iso é matarse a cabeza de mais por mor dos pés…
tennis en troques, era cousa reservada á xente escollida i elegante: iban a muller do enxiñeiro da Diputación, a do enxiñeiro de Minas, a do enxiñeiro de Montes, a do enxiñeiro Agrónomo, a do enxiñeiro da Luz, as dos enxiñeiros d´Obras púbricas, as de Gómez, as de Pérez, as de López, as de Martínez e as de González. Iban as fillas de D. Celidonio. Iba Aser das Airas. Unhas vegadas xogaban; outras as donas faguían crochet, macramé, frivolité, encaixe Richelieu, calceta, punto por cima, punto de marca, bordado a realce, namentral-os cabaleiros dicían chistes.
(Vicente Risco - O porco de pé)