Blogs que sigo

Mostrando entradas con la etiqueta Vicente Risco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vicente Risco. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de julio de 2013

Allariz











Marcapaginasporuntubo busca los marcapáginas que le faltan de la serie expuesta

O fútbol é un xogo moi bonito sempre que gañen os d´eiquí. Crar´está que si non gañan, ainda pode un falar mal do referee. É moi bunito: pirmeiro corren todos pra un lado; despois corren todos pra outro; despois tocan un pito. Despois, un supoñer, xogan os de Santiago contr´os de Lugo; gañan os de Lugo, pois en Santiago xa non poden ver a ninguén de Lugo; gañan os de Santiago, pois en Lugo xa non poden ver a ninguén de Santiago. Despois a xente leva aquiles escudiños tan bunitos na solapa… O pior é ter que lér todol-os boletís que falan d´eso, e ter que saber quen é Zamora, e quen é Ramón –Ramón Gómez de la Serna, cando dín por ehí RAMÓN, coida que é por il; mais non é certo, que é pol-o do fútbol– e quen é Pinilla, e quen é Otero e todo iso é matarse a cabeza de mais por mor dos pés…
O tennis en troques, era cousa reservada á xente escollida i elegante: iban a muller do enxiñeiro da Diputación, a do enxiñeiro de Minas, a do enxiñeiro de Montes, a do enxiñeiro Agrónomo, a do enxiñeiro da Luz, as dos enxiñeiros d´Obras púbricas, as de Gómez, as de Pérez, as de López, as de Martínez e as de González. Iban as fillas de D. Celidonio. Iba Aser das Airas. Unhas vegadas xogaban; outras as donas faguían crochet, macramé, frivolité, encaixe Richelieu, calceta, punto por cima, punto de marca, bordado a realce, namentral-os cabaleiros dicían chistes.
(Vicente Risco - O porco de pé)