O Carrizo (troglodytes parvulum, Koch), andaba un día a brinquiños na precura de herbiñas e bechos, por un campón endiante: un boi apastaba de par do carrizo, e como o paxariño eran tan pequecho o non vía e por pouco ponlle un pé enriba e o esmaga; o carrizo botouse a un canto e pareceulle moito mal que o boi o non vise ou fixera menos de ele, e deixándose levar da carraxe, porque os paxariños tamén encarraxan, prantouse nun vô no espiñazo do boi, deulle dous coces cos seus peiños e díxolle furente:
-E tí, seique queres que te revente?
Santa María de Beade-Beade-Provincia de Ourense
Lois Carré Alvarellos - Contos Populares da Galiza