Blogs que sigo

Mostrando entradas con la etiqueta Carré Alvarellos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carré Alvarellos. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de octubre de 2013

O Carrizo




O Carrizo (troglodytes parvulum, Koch), andaba un día a brinquiños na precura de herbiñas e bechos, por un campón endiante: un boi apastaba de par do carrizo, e como o paxariño eran tan pequecho o non vía e por pouco ponlle un pé enriba e o esmaga;  o carrizo botouse a un canto e pareceulle moito mal que o boi o non vise ou fixera menos de ele, e deixándose levar da carraxe, porque os paxariños tamén encarraxan, prantouse nun vô no espiñazo do boi, deulle dous coces cos seus peiños e díxolle furente:
-E tí, seique queres que te revente?

Santa María de Beade-Beade-Provincia de Ourense

Lois Carré Alvarellos - Contos Populares da Galiza